Saltar navegación
Concello de A Teixeira
Fotografías do Concello de A Teixeira

Concello >> Novas

CONTRATACIÓN DE PERSOAL

03/12/2014

limpeza

Por Resolución do Sr. Alcalde, de data 2 de decembro de 2014, aprobáronse as Bases para a selección e posterior contratación dun traballador coa categoría de limpador/a de dependencias municipais. Duración do contrato: dende a data de incorporación ata o 31 de decembro de 2015 cunha xornada de 32 horas mensuais.
Clase de persoal: Laboral temporal
Prazo de presentación das solicitudes: Nos sete días naturais seguintes ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia , no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres , ou na forma prevista no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo, neste caso, os interesados deberán comunicalo mediante telegrama ou telefax (nº 988.20.74.45) durante o mesmo prazo e horario que o de presentación de instancias Se o sétimo día fose festivo ou sábado, o prazo finalizaría o seguinte hábil.
Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no Concello da Teixeira en horario de oficina ou na páxina web do concello:concelloateixeira.org.

Descargas asociadas

CONTRATACIÓN PERSOAL

14-09-2014

AUXILIAR AXUDA NO FOGAR

Por Resolución do Sr. Alcalde, de data 12 de setembro de 2014, aprobáronse as Bases para a selección e posterior contratación dun traballador coa categoría de auxiliar de axuda no fogar. Duración do contrato: dende a data de incorporación ata o 30 de decembro de 2014 a xornada completa.
Clase de persoal: Laboral temporal
Prazo de presentación das solicitudes: Nos sete días naturais seguintes ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia , no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres , ou na forma prevista no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo, neste caso, os interesados deberán comunicalo mediante telegrama ou telefax (nº 988.20.74.45) durante o mesmo prazo e horario que o de presentación de instancias Se o sétimo día fose festivo ou sábado, o prazo finalizaría o seguinte hábil.
Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no Concello da Teixeira en horario de oficina ou na páxina web do concello:concelloateixeira.org.

Descargas asociadas

CONTRATACIÓN PERSOAL PARA FORMACIÓN E APRENDIZAXE

09-09-2014

O Concello da Teixeira aprobou as bases para a selección de 2 alumnos traballadores para un programa de fomento do contrato para a formación e a aprendizaxe en réxime de persoal laboral.
Os interesados deberán ser desempregados e ter entre 16 e 30 anos que carezan da cualificación profesional nos eidos laborais de xardineria, forestal e albanelería.
Poderán consultar as bases e presentar instancias nas oficinas municipais ata o 16 de setembro.

Descargas asociadas

CONTRATACIÓN PERSOAL PARA O SERVIZO DE LIMPEZA VIARIA

28-07-2014

peón limpeza viaria

Por Resolución do Sr. Alcalde de 22/07/2014 aprobáronse as bases para selección e posterior contratación de dous traballadores coa categoría de peón para o servizo de limpeza viaria.
Duración do contrato: tres meses cunha xornada de 6 horas de luns a venres.
Lugar e prazo de presentación de instancias: nas Oficinas municipais de 9 a 14 horas no prazo de 7 días naturais a partires da publicación do anuncio no BOP

Descargas asociadas

SELECCIÓN PERSOAL BRIGADA INCENDIOS

04-07-2014

Brigada de incendiosPor Resolución do Sr. Alcalde de 03/07/2014 aprobáronse as bases para a selección e posterior contratación de 5 traballadores para a brigada de prevención e extinción de incendios.

Clase persoal: laboral temporal
Duración: tres meses
Prazo e lugar de presentación de instancias: 5 días naturales dende a publicación do anuncio no bop nas oficinas do concello de 9:00 a 14:00 horas.


Descargas asociadas

CONTRATACIÓN PERSOAL

06-05-2014

Por resolución de 6 de maio de 2014 aprobáronse as Bases para a selección e posterior contratación dun auxiliar de axuda no fogar.
A duración do contrato dende a incorporación ata o 31 de decembro de 2014 a xornada completa
Clase de persoal:laboral temporal.

Descargas asociadas

CONTRATACIÓN PERSOAL

29-11-2013

camión motobomba
Por Resolución do Sr. Alcalde, de data 28 de novembro de 2013, aprobáronse as Bases para a selección e posterior contratación de un traballador coa categoría de peón para o servizo de abastecemento de auga e conducción do motobomba.
Duración do contrato: 1 mes
Clase de persoal: Laboral temporal
Prazo de presentación das solicitudes: dende o 29/11/13 ata o 04/12/13 no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.
Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no Concello de A Teixeira en horario de oficina ou na páxina web do concello:concelloateixeira.org.

Descargas asociadas

CONTRATACIÓN PERSOAL

01-08-2013

camión motobombaPor Resolución do Sr. Alcalde, de data 30 de xullo de 2013, aprobáronse as Bases para a selección e posterior contratación de un traballador coa categoría de peón para o servizo de abastecemento de auga e conducción do motobomba.
Duración do contrato: 2 meses
Clase de persoal: Laboral temporal
Prazo de presentación das solicitudes: ata o 07/08/2013 no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.
Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no Concello de A Teixeira en horario de oficina ou na páxina web do concello:concelloateixeira.org.

Descargas asociadas

SELECCIÓN PERSOAL BRIGADA EXTINCIÓN INCENDIOS

26-06-2013

Brigada extinción incendios

Por Resolución do Sr. Alcalde de 20/06/13 aprobáronse as bases para a selección e posterior contratación de 4 traballadores para a brigada de prevención e extinción de incendios.
Clase persoal: laboral temporal
Duración: tres meses
Prazo e lugar de presentación de instancias: 5 días naturales dende a publicación do anuncio no bop nas oficinas do concello de 9:00 a 14:00 horas.

Descargas asociadas

PXOM A Teixeira

24-05-2012

A Teixeira

O próximo día 13, 20 e 27 de xuño de 2012, en horario de 9:30h. a 14:00h. a empresa redactora do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Teixeira, Senén Prieto Enxeñería, estará a disposición dos interesados nas oficinas municipais para a exposición ó público da aprobación inicial do PXOM e posibles alegacións ó mesmo.

Circuito de karts

08-08-2011

karts

Os días 11 e 12 de agosto de 2011 na praza Cardenal Quiroga da Teixeira haberá un circuito de karts para tódolos nenos do concello.

O horario é de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas.

Mulleres Rurais

24-07-2011

Comida mmrr

Como ven sendo habitual tódolos anos, a Asociación de Mulleres Rurais "Santa Catalina" de A Teixeira organizou a comida anual de socias nun restaurante da localidade o domingo día 24 de xullo.
Ademáis das socias acudiron tamén as súas parellas e outros convidados.
ó remate sorteouse entre todos os asistentes un fermoso mantel bordado a man por unha das mulleres integrantes da Asociación.

Fotos en Cultura. Imágenes

Camiños da Cultura 2011. Maxia

28-06-2011

maxia

O día 9 de agosto de 2011, ás 20:00 horas terá lugar na praza Cardenal Quiroga da Teixeira unha actuación de maxia co espectáculo "Abremaleta xa".

Piter é un mago diferente...sendo un animador que ofrece ó pequeno público un espectáculo diferente con xogos e sorpresas sempre inesperadas, unha animación máxica para toda a familia.

Camiños da Cultura 2011.Teatro infantil

28-06-2011

Dous pallasos en apuros

O vindeiro día 11 de agosto de 2011 terá lugar na praza Cardenal Quiroga da Teixeira teatro infantil a cargo da compañía "Os sete magníficos +1" co título da obra "Dous pallasos en apuros".Este espectáculo está orientado principalmente ó público infantil onde os protagonistas son a loucura e improvisación que os protagonistas despregan sobre o escenario.

Lecer no rural

28-06-2011

lecer no rural

O Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación de Ourense en colaboración co concello organizan unha actividade lúdica o próximo mércores 17 de agosto de 2011 ás 17 horas na praza Cardenal Quiroga da Teixeira baseada en xogos tradicionais.

Camiños da Cultura 2011. Contacontos

28-06-2011

Barafunda animación

O 17 de agosto de 2011 ás 20:00 horas haberá na praza Cardenal Quiroga da Teixeira un contacontos co espectáculo "Pepiña Maruxiña quere voar" baseado nunha tradición popular de cantarlle as Maruxiñas para que voen.
Pepiña busca polo xardín alguén que lle axude a voar, vai coñecendo os diferentes insectos que o habitan.
Mistura a música e diferentes personaxes creados con distintos elementos: globos, escuma...unha historia chea de tenrrura e diversión

Curso de aeróbic

16-03-2011

escudo deputaciónO próximo día 5 de abril de 2011 ás 17:00 horas comezará un curso de aeróbic para todas as persoas interesadas no lugar da Gándara na Teixeira.

Ó curso é totalmente de balde e está subvencionado pola Deputación Provincial de Ourense.
Máis información nas oficinas do concello ou no teléfono 988207400

Leader 2007-2013

29-05-2009

Leader 2007-2013

Dende o pasaso día 4 de maio, permanece aberta na localidade de San Xoán de Río, a oficina do Grupo de Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea, responsable de xestionar as axudas económicas procedentes da Iniciativa Comunitaria Leader 2007-2013
Para máis información: Tlf: 988346169 ou nas propias oficinas

Ligazóns recomendadas

Anuncio do P.X.O.M

15-04-2009

P.X.O.M do Concello da TeixeiraUnha vez publicado o anuncio do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Teixeira no D.O.G, ábrese un período de información pública durante todo o mes de maio para todos aqueles que estén interesados.

Para calquera dúbida ou aclaración a empresa redactora do PXOM (Senén Prieto Ingeniería) estará a súa disposición nas oficinas do concello os días 5 e 7; 12 e 14; 19 e 28 de maio de 2009 en horario de 9 a 14 horas.

Recollída de residuos sólidos

27-03-2008

Recollida lixo

A partíres do 1 de abril de 2008 comezará a Deputación Provincial a prestar ó concello o servizo de recollida de lixo gracias a un convenio de colaboración asinado entre as dúas entidades locais a que tamén se une o concello limítrofe de Castro Caldelas.

Redacción do PXOM

27-03-2008

PXOMA Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte ven de conceder unha subvención de 78.520,32 € ó Concello da Teixeira para a nova redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Os traballos desenvolveranse desde o 2008 ata o 2012 e comezará este 2008 coa sinatura do contrato de redacción

Punto de información catastral

Panel informativo do PICO Concello pon a disposición dos usuarios un PIC (Punto de información catastral). A través do mesmo os interesados poden solicitar información sobre bens de natureza rústica e urbana.
Se o titular catastral está vivo e o solicitante non é o seu representante legal, debe autorizalo expresamente. Para elo debe aportar unha autorización asinada e fotocopia en vigor do DNI do titular.

Ligazóns recomendadas


Hemeroteca: 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014

Formato RSS 2.0
By Abertal
Concello de A Teixeira Tlfn: 988 207 400