Saltar navegación
Concello de A Teixeira
Fotografías do Concello de A Teixeira

Artesanía >> Presentación

Tear antigoComo noutras partes da Ribeira Sacra, houbo unha tradición textil moi arraigada na Teixeira, con tecelás en moitos pobos, entre eles, A Teixeira, Cristosende, Lumeares, Xirás, Montoedo e A Veiga. O oficio entrou en fase de plena decadencia na segunda parte do século XX cando, coa emigración e despoboación dos pobos, e a afición para artículos de confección industrial, as mulleres abandonaron os seus teares.

Os artículos típicos realizados na Teixeira, incluíron tea lisa de liño para roupa e sabas, os característicos sacos con bandas de cores, chamados localmente "sacos roxos", e colchas ou cobertores. Estos cobertores foron realizados de cadros (chamado "de repaso", recoñecído no resto de Europa como "cinto de monxe") ou "felpa galega" (tamén chamado "de gorullo" ou "erguido") o tecido de bucles, que é unha técnica que ten máis de 1500 anos de antiguedade.

¿Que queda da tradición rica textil na Teixeira?
En todos os pobos consérvanse os nomes dos liñares, onde se cultivaba o liño. Durante os meses de principios de verán pódese ver nalgúns "liñares" ou en bordes de estradas, plantas de liño asilvestradas, coas súas preciosas frores azuis. Aínda hai veciños e veciñas da Teixeira que gardan algunha peza ou alguna ferramenta e moitos dos veciños e veciñas da Teixeira poden falar, como verdadeiros expertos, dos procesos de cultivar, preparar e fíar o liño e a lana. Tan común era o traballo de fiar que na Ribeira Sacra existe un modelo de cesto de madeira chamado "o cesto de fiar", algúns exemplos antigos en mans privadas.

Renaceuse a tradición textil na Teixeira fai pouco, na forma do novo taller textil de Anna Champeney. Nada en Inglaterra, herdou o seu oficio directamente de tecedoras galegas, das que aprendeu. Desde o seu pequeno e acolledor estudio, nunha adega restaurada en Cristosende, combina o diseño textil contemporáneo coa recuperación de técnicas e pezas antigas e a investigación textil - para que non quede no olvido a tradición textil da Teixeira.
By Abertal
Concello de A Teixeira Tlfn: 988 207 400