Saltar navegación
Concello de A Teixeira
Fotografías do Concello de A Teixeira

Concello >> Presentación

Foto do alcalde
Como Alcalde do Concello da Teixeira douvos a benvida a nosa páxina web. Con ela queremos dar a coñecer a todos as belezas e tradicións desta fermosa terra enclavada nun anaco do Canón do Sil.
Natureza e tradición danse a man nun entorno privilexiado pola súa paisaxe.
Entre o máis destacado que o visitante pode atopar neste Concello está a visita a Casa do Viño ubicada no núcleo do pobo de A Teixeira así como a praia fluvial de Abeleda sen esquecernos dos fermosos miradoiros existentes na zona.
A hospitalidade da nosa xente, a paisaxe, os nosos viños e gastronomía fan da Teixeira un lugar inesquecible e de obrigada visita para os visitantes.
Espero que disfrutedes e voltedes pronto a A Teixeira


Un saúdo

Miguel A. Cid Álvarez
By Abertal
Concello de A Teixeira Tlfn: 988 207 400