Saltar navegación
Concello de A Teixeira
Fotografías do Concello de A Teixeira

Concello >> Escudo e Bandeira

Escudo

Escudo de A TeixeiraO Concello da Teixeira considerou conveniente adopta-lo seu escudo heráldico para perpetuar con simboloxía adecuada e conforme as normas da heráldica, os feitos máis relevantes do seu pasado histórico, para elo e tras os trámites precisos aprobouse o escudo heráldico que se achega e organizado do seguinte xeito: de sinople, dúas espigas de ouro, postas en aspa e acompañadas, no centro do xefe, dun acio de uvas do mesmo; bordura de ouro con oito aspas de sinople. Ó timbre, coroa real pechada.

A presentación do escudo inclúe alusións a produción vinícola e a importancia das actividades agrícola como medio fundamental de vida.. as oito aspas de ouro que se sitúan como complemento refírense as oito parroquias que conforman o municipio.

Bandeira

Bandeira de A TeixeiraSobre o pano verde, as dúas espigas de amarelo, postas en aspas, acompañadas no alto dun acio de uvas do mesmo e, hasta, terzado de amarelo.

No pano verde dispóñense moi ben as dúas espigas cruzadas e acompañadas no alto dun racimo de uvas coas súas follas e sarmiento. Recóllense así as dúas alusións máis importantes e heráldicamente máis significativas do escudo municipal: a produción vinícola e as actividades agrícolas en xeral.

By Abertal
Concello de A Teixeira Tlfn: 988 207 400