Saltar navegación
Concello de A Teixeira
Fotografías do Concello de A Teixeira

Concello >> Localización

Paisaxe do rio visto desde xirasO concello da Teixeira localízase ás marxes do Sil, no norte da provincia de Ourense e está separado de Lugo por este río, que actúa de límite entre ambas as dúas provincias. A súa extensión é de 27,9 quilómetros cadrados e linda ao norte cos concellos de Sober e Monforte de Lemos; ao leste con Castro Caldelas; ao sur con Montederramo e ao oeste con Parada do Sil.

O relevo é abrupto e montañoso, marcado por fortes pendentes. Os principais ríos son o Sil e os seus afluentes, o Mao e o Edo, ademais do río dos Vaos. A instalación desta rede fluvial sobre as superficies de erosión deu lugar á formación de gorxas ou canóns, que é o trazo máis salientable da morfoloxía física do municipio.
A combinación entre o importante caudal do Sil e os desniveis topográficos permitiu o aproveitamento hidroeléctrico, coa construción do encoro de Santo Estevo, co que se asolagaron as terras máis baixas da Teixeira.

A súa rede de comunicación principal é a comarcal 536, que cruza o concello polo seu extremo meridional, e a estrada local de Castro Caldelas a Monforte de Lemos.

Mapa do Concello da Teixeira [PDF]

By Abertal
Concello de A Teixeira Tlfn: 988 207 400