Saltar navegación
Concello de A Teixeira
Fotografías do Concello de A Teixeira

Cultura >> Historia

as ruinas da torre que se atopa no centro da TeixeiraA Teixeira pertenceu historicamente ao partido xudicial da Pobra de Trives e segundo a información dada polos autores clásicos, na época prerromana grande parte do seu territorio estaba ocupado pola tribo dos Tiburos, pobo do convento xurídico asturicense, que tiña a súa capital en Nemetóbriga, que era unha das mansións da terceira vía militar, de Braga a Astorga, e sobre a súa localización non existe acordo entre os investigadores.

Ao longo do primeiro terzo do século XIX, este municipio non figura en ningún concello constitucional e haberá que agardar ao 12 de xullo de 1836 para que se publique no Boletín Oficial da Provincia de Ourense a súa constitución como novo concello, sendo a súa capital "Tujeira".

restos da muralla no centro da TeixeiraAo longo da época romana debeu de existir unha vía secundaria que uniría a Vía XVIII co territorio dos Lemavi e o seu trazado debeu coincidir, en grande parte, co camiño, documentado na Idade Media, entre Castro Caldelas e Monforte ou Sober. No val da Abeleda aínda se achan vestixios deste antigo camiño, que pasaba pola ponte antiga da Boga, anterior á actual da estrada que leva de Castro Caldelas a Monforte.Outro camiño medieval, probable vía romana, é a calzada de Astorga ao Castro de Litoria. Este camiño discorría paralelo ao río Sil e foi percorrido e descrito polo Padre Sarmiento na súa viaxe de volta a Madrid no ano 1755.

Un camiño de moi antiga orixe era o que ía de Forcas a Pedrafita, pola ponte Couceliñas. Puido ser un camiño transversal que, aproveitando o val do Mao, uniría as terras da ribeira do Sil coas de Caldelas, onde se uniría co camiño de Caldelas a Ourense.

By Abertal
Concello de A Teixeira Tlfn: 988 207 400