Saltar navegación
Concello de A Teixeira
Fotografías do Concello de A Teixeira

Servizos Sociais >> Actuacións

Atención por parte dos servizos sociais a toda a poboación do concello a través de programas de:

- Información, asesoramento, orientación no eido dos servizos sociais.
Horario de atención: mércores de cada semana de 10:00 h. a 14:00 h.
Teléfono de contacto: 988207400

- Programa de Inserción Social
- Programa de axuda no fogar
- Programa de teleasistencia domiciliaria

NENOS E XOVES:
- Programa de educación familiar en coordinación co Programa de preescolar na casa


MAIORES:
- Programa para o fomento da autonomía e ocupación do tempo libre
* Turismo Social
* Termalismo Social
* Vacacións de saúde
- Programas para manterse no domicilio
* Axuda no fogar
* Axudas individuais
* Estancias temporais
* Acollemento familiar
* Centros de Día
* Teleasistencia domiciliaria
- Programa de Aloxamentos alternativos
* Residencias
* Vivendas tuteladas
- Outros programas para maiores
* Cheque asistencial
* Teléfono do maior 900333666


MULLERES:
- Xornadas informativas e organización de actividades
- A prestación do servizo de información ás mulleres e promoción da igualdade permite a creación dun Centro de Información orientado por unha psicóloga que presta este tipo de asesoramento a mulleres vítimas de violencia de xénero. Entre os seus obxectivos están os seguintes:
*. Proporcionar asesoramento xurídico e psicolóxico
*. Proporcionar información sobre recursos específicos para mulleres
*. Colaborar na asistencia integral ás vítimas de violencia de xénero.
*. Aplicar o programa nacional de intervención comunitaria na área de igualdade da Secretaría Xeral de Igualdade
*. Desenvolver calquera outras actividades que teñan como obxectivo prioritario a promoción da igualdade entre mulleres e homes.

By Abertal
Concello de A Teixeira Tlfn: 988 207 400